Petição Pública Logotipo
Ver Petição Apoie esta Petição. Assine e divulgue. O seu apoio é muito importante.

NA DEFENSA DOS DEREITOS E LIBERDADES

Para: Goberno do Estado Español e Xunta de Galicia.

Somos un grupo de persoas diversas, tanto vacinadas coma non vacinadas, mais que coincidimos desde principios de esquerda na reivindicación dunha sociedade composta por seres libres, iguais e co dereito a decidir, individual e colectivamente, e de modo democrático, sobre os diferentes ámbitos da vida. Desde esta base común, observamos con fonda preocupación como se está a dar unha deriva totalitaria e antidemocrática da man dun conxunto cada vez maior de medidas e cambios lexislativos (Estratexia de Seguridade Nacional 2021) que se vai estendendo a diferentes ámbitos da vida. Estas medidas están xustificándose por unha suposta protección da saúde, mais obedecen a decisións políticas e non responden a unha verdadeira razón sanitaria pero, sobre todo, atacan dereitos humanos básicos e fundamentais, e tamén dereitos recollidos no Convenio do Consello de Europa sobre Dereitos Humanos e Biomedicina (ou Convenio de Oviedo) de abril de 1997 e ratificado posteriormente por diversos países (incluído o Estado español), e dereitos recollidos na Lei básica reguladora da Autonomía do Paciente e de Dereitos e Obrigas en materia de información e documentación clínica (lei 41/2002, de 14 de novembro).
Esta é a verdadeira razón que nos move; a defensa dos dereitos que se conseguiron co esforzo e o sacrificio de moita xente ao longo do tempo e que, froito desa loita, acabaron por ser recoñecidos na lexislación internacional e estatal.
Entre os dereitos humanos seriamente ameazados ou vulnerados están: a consideración de todos os seres humanos como seres libres e iguais, o dereito á liberdade, o non sometemento a tratos crueis, o dereito a sermos protexidos contra a discriminación e o acoso, o dereito a non ser detidos de forma arbitraria, o dereito á presunción de inocencia e a penas xustas, o dereito á privacidade, á honra e á reputación, o dereito á libre circulación, o dereito á liberdade de pensamento, de conciencia, de opinión ou de expresión, o dereito á liberdade de reunión, o dereito á seguridade social e o dereito a tomar parte da vida cultural da comunidade. Ademais, vulnéranse dereitos recollidos no Convenio de Oviedo como que: toda intervencións sanitaria só poderá facerse co consentimento libre e informado da persoa afectada, podendo retirar esta libremente o consentimento; o dereito a que se respecte a vida privada de calquera persoa no que se refire a informacións relativas á súa saúde; o dereito a que as persoas non se presten a un experimento se existen métodos alternativos, que estean informadas dos seus dereitos e as garantías da lei para a súa protección e que o consentimento sexa expreso e específico e estea consignado por escrito; o dereito a que exista un debate público sobre as cuestións fundamentais no ámbito da bioloxía e a medicina, que inclúa as implicacións médicas, sociais, económicas, éticas e xurídicas pertinentes. Tamén se vulneran dereitos recollidos na Lei de Autonomía do Paciente como: o dereito a que o consentimento de pacientes e usuarios/as se obteña unha vez que estes reciban a información adecuada, e debendo ser por escrito, podendo rexeitarse o tratamento, tendo que gardar a debida reserva a elaboración e o acceso á información clínica sanitaria; o dereito de toda persoa a que se respecte o carácter confidencial dos datos referentes á súa saúde; o dereito a que a información dada a cada paciente, antes de obter o seu consentimento escrito, inclúa as consecuencias relevantes do tratamento, os riscos coñecidos e as contraindicacións; o dereito a que os datos de cada paciente contidos na súa historia clínica, mesmo con fins epidemiolóxicos, separen a identificación persoal da de carácter clinicoasistencial, asegurando o anonimato, salvo que o/a paciente teña dado consentimento para non separalos.
Por todos estes motivos, pedimos:
- Que se centren os recursos e esforzos na atención e coidado das
persoas enfermas, atallando o desmantelamento da Sanidade Pública que está deixando de ser operativa no día a día, que se deixe de derivar os seus recursos á sanidade privada e que cesen de inmediato as medidas destinadas a perseguir e/ou violentar as persoas sas.
- O fin inmediato de calquera tipo de coacción e acoso coa finalidade de converter, na práctica, a vacinación nun acto obrigatorio.
- A suspensión inmediata da recomendación da vacinación infantil e xuvenil en base ao principio de precaución, por non existir datos que avalen a inexistencia de efectos adversos a medio ou longo prazo, ou da vantaxe de asumir estes con respecto ás consecuencias para a saúde por sufrir a COVID19 nestes tramos de idade.
- A inmediata eliminación do pasaporte covid para calquera uso.
- O fin das campañas de acoso, fomento do medo xeneralizado á poboación e de criminalización das persoas que disenten sobre calquera das medidas políticas ou sanitarias instauradas ou manifestan unha opinión discordante coa verdade oficializada polas diferentes administracións ou desde os complexos empresariais de comunicación de masas.
- Que nos medios de comunicación públicos se informe en base á investigación e ao debate científico, respectando todas as opinións e deixando de funcionar como transmisores do pensamento único que promoven o acoso cara ás persoas que disenten eliminando as prácticas de censura máis ou menos encubertas; en particular as referidas a opinións científicas diverxentes cos intereses maioritarios da industria médico-farmacéutica, para que haxa un debate científico real que está na base de toda ciencia que non sexa dogmática.
- O dereito a unha información plural, completa e veraz, sen ningún tipo de censuras sobre todos dos aspectos directos e indirectos relacionados coas xestións da pandemia, así como dos efectos colaterais adversos na saúde das persoas e no gasto farmacéutico.
- A apertura a un debate social e político sobre as medidas económicas e políticas restritivas adoptadas ao amparo da epidemia covid, sen prexuízos de partida.
- Un exercicio de reflexión e debate interno das organizacións políticas partidarias e sindicatos sobre a conculcación dos dereitos humanos básicos e dos dereitos fundamentais que se vén dando desde o comezo da pandemia, que sirva para avanzar cara a unha sociedade máis democrática e respectuosa con todas as persoas, á marxe das súas opinións ou das decisións que tomen ao amparo do que ditaminan os ditos dereitos.

Pousadoira, Xaneiro de 2022.



Qual a sua opinião?

Esta petição foi criada em 19 janeiro 2022
A actual petição encontra-se alojada no site Petição Publica que disponibiliza um serviço público gratuito para todos os Portugueses apoiarem as causas em que acreditam e criarem petições online. Caso tenha alguma questão ou sugestão para o autor da Petição poderá fazê-lo através do seguinte link Contactar Autor
Assinaram a petição
1 Pessoas

O seu apoio é muito importante. Apoie esta causa. Assine a Petição.